
#19 San Telmo en clave galega
Failed to add items
Add to Cart failed.
Add to Wish List failed.
Remove from wishlist failed.
Adding to library failed
Follow podcast failed
Unfollow podcast failed
-
Narrated by:
-
By:
About this listen
Apetéceche seguilos pasos dunha ruta migrante doutro tempo? Ese é o obxectivo deste episodio no que nos achegamos a un dos barrios máis bohemios de Suramérica. Volvemos ao meu querido Bos Aires, pero desta para descubrir a cara máis galega do centro histórico porteño: San Telmo. Un paseo no que me acompañan Andrés da Pedra - o guía gaiteiro - e Diego Martínez Duro - presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina-.
Falamos de La Boca, de reliquias que cruzan océanos, do Camiño Branco a Compostela, de política galega na diáspora e cultura, moita cultura.
Dalle unha escoita e se che gusta comparte.
______________________________________________________________________________________
Notas do episodio:
- Neste episodio falamos sobre o farruco, unha fala de transición que misturaba o galego co italiano. Hai uns anos falei disto na Televisión de Galicia, podes volver a velo aquí: https://youtu.be/ggF34ysBL64
- Podes saber máis sobre O guía gaiteiro aquí.
- Podes coñecer tódalas actividades da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina aquí.
______________________________________________________________________________________
Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal